Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

24/04/2013

125º aniversario EASD | Conferencia: a xestión de recursos humáns nos proxectos

26 de abril, 9:00 a 13:30, no Salón de Actos

Este venres 26, Anxo Suárez, xerente de Indra Sistemas, impartirá unha conferencia durante toda a mañá (9.30 - 13.30 h.) que abordará a xestión de recursos humáns na xestións de proxectos, dirixida especialmente a todo o alumnado do C.S. de Arquitectura Efémera.

O evento terá lugar no salón de actos da escola, e trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa organizado en conmemoración do 125º aniversario da EASD MESTRE MATEO.

 






23/04/2013

125º aniversario EASD | Conferencia Tomás Alonso

125º aniversario EASD | Conferencia Tomás Alonso

Obxetos cotidiáns, por Tomás Alonso

23 de abril, 13:00, no CGAC

Natural de Vigo, Tomás Alonso, dende os dezanove anos estivo a viaxar, estudar e traballar nos EUA, Italia e Australia antes de mudarse a Londres para completar os estudos de Máster no Royal College of Art e ser deseñador.
En 2006 foi co-fundador con outros 5 titulados da RCA do colectivo de deseño OKAYstudio. A súa obra foi publicada e exhibida en todo o mundo, dende o Design Museum de Londres e a Galeria Aram ata exposicións e galerías en Italia, España, Francia, EUA, Canadá ou Xapón.
Traballa en mobles, produtos de iluminación, interiores e deseño de exposicións dende o seu estudo do nordés de Londres e a súa gama de clientes vai dende produtores internacionais a galerías de deseño e museos especializados.
Compaxina o seu traballo de investigación e deseño co ensino e talleres especializados. Recentemente ensinou no Máster de deseño de produto da ECAL de Lausanne, Suíza.

Esta conferencia enmárcase nas xornadas de conmemoración do 125 aniversario da Escola.

Foto: Cristina Montouto Vilela (1º C.S. Foto Artística)






23/04/2013

125º aniversario EASD | Mañá comezan as I Xornadas de Portas Abertas

Mañá darán comezo as I Xornadas de Portas Abertas organizadas pola EASD MESTRE MATEO. Durante dous días a escola estará aberta a todos aqueles que estean interesados en coñecer o noso centro e, sobre todo, as ensinanzas que nel se imparten.

Ademais da exposición multidisciplinar que ocupará as distintas plantas da EASD, organízanse actividades relacionadas coa fotografía, a xoiaría, a escultura, a arquitectura efémera, o deseño de moda e o de produto, disciplinas todas impartidas no centro, sobre as que se pode atopar información neste mesmo enderezo web.






22/04/2013

125º aniversario EASD | Obradoiro: curso de engaste

A EASD Mestre Mateo acolle desde hoxe, e até o próximo xoves 25 a actividade: "Obradoiro: curso de engaste", a cargo do xoieiro Antonio Rama. Destinado ao 2º curso do C.S. de Xoiaría, trátase dun dos múltiples eventos celebrados dentro do programa de actividades que o centro celebra en conmemoración do seu 125º aniversario.






22/04/2013

125º aniversario EASD | Obradoiro: iniciación ao engaste

Destinado ao alumnado do 1º curso do C.S. de Xoiaría, e dentro do ciclo de actividades enmarcadas no 125º aniversario da EASD Mestre Mateo, o noso centro albergará os días 30 de abril, 2, 7 e 8 de maio, en horario de 16 a 19 horas, un obradoiro de iniciación ao engaste. O xoieiro Antonio Rama será o encargado de dar vida a esta actividade.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria