Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

26/04/2012

MODA | Xa está aquí Despunte 2012.

A Cidade da Cultura acolle o desfile de moda da 3ª Promoción dos EE.SS. de Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo.

O vindeiro 4 de maio ás 19.30 h. a Cidade da Cultura acollerá o desfile de moda co que a EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela presenta a súa terceira promoción de diplomados nos Estudos Superiores en Deseño de Moda.


Un total de trece xoves deseñadoras presentarán ao público a colección de moda coa que recentemente se diplomaron. Novos aires e novos talentos que sorprenderán aos asistentes coa súa frescura e orixinalidade.

DESEÑADORES QUE DESFILARÁN:

1- Lucía López Sieira. 2- Carla López Bermúdez. 3- Cristina Matos Saavedra. 4- Sofía Fernández Fernández. 5- Marga Arosa Silva. 6- Iria Val Otero. 7- Sara Rodríguez. 8- Ana Rodríguez Rodríguez. 9- Verónica Ouro. 10- Ariadna García Abuín. 11- Patricia Toma Caínzos. 12- Sonia Abelleira. 13- Silvia Rodríguez Santos.






25/04/2012

ESCULTURA | Alumnos da EASD no certame IV Semana de Escultura Rural en Almería

ESCULTURA | Alumnos da EASD no certame IV Semana de Escultura Rural en Almería

 César Guerrero Fernández e Alejando García Álvarez, alumnos de Escultura da EASD Mestre Mateo participaron no certame IV Semana de Escultura Rural en Almería

Os 45 xóvenes participantes esculpiron as súas obras, de temática libre, en bloques de mérmores de 40x20x20 centímetros (extraidos das canteiras da Escuela del Mármol de Andalucía na Sierra de Macael.
Empezaron o luns 16 de abril e tiveron aproximadamente 23 horas para rematalas.
Utilizaron principalmente ferramentas manuais, xa que so estaba permitido dispoñer de equipos eléctricos durante 3 horas.

Os participantes foron alumnos e alumnas de 23 escolas de arte, facultades de Belas Artes e escolas de Cantería procedentes de Madrid, Barcelona, Pontevedra, Santiago de Compostela, Murcia, Valencia, Almería, Mérida, Granada e Sevilla e de países como Turquía, Francia, Italia e Eslovenia.






19/04/2012

CONFERENCIA | Xornada Trendspotting & Future Thinking por Nina de Man

O salón de actos da EASD Mestre Mateo acollerá hoxe ás 12 horas unha conferencia da coñecida analista de tendencias Nina de Man.

Os temas que se abordarán repasan a incidencia dos medios de comunicación social, o espazo da intensificación, a multi-xeneración da vivenda, os futuros produtos, o valor da nova moeda, as tribus urbanas, a persoalidade por riba da usabilidade, DIY - a cultura...

Para facerse unha idea da importancia de Nina de Man no mundo das tendencias, cunha simple búsqueda en Google do seu nome obtemos nada menos que trinta e catro millóns de resultados, o que é un un bo espello da súa repercusión no eido da identificación de tendencias e do seu traslado no deseño de produtos en xeral e de moda.

UN BREVE ACHEGAMENTO A NINA DE MAN:

Nina de Man, a contadora de historias.

Nina de Man tiene un instinto especial para seleccionar tendencias, lo que fue descubierto en primer lugar por el responsable de gestión de Edel International, uno de los grandes sellos musicales, que abrió tienda en Bélgica en 1997. Nina tenía 22 años cuando empezó a promover y distribuir con gran éxito en el mercado nuevas canciones, recién graduada en filología inglesa (su lengua materna) e hispánica por la Universidad de Amberes.
Desde ese momento, Nina rápidamente encontró su sitio en los medios de comunicación y empezó a entrevistar a (super)estrellas para Jim-TV. Con el tiempo trabajó para VTM y el Canal Fox de American TV, donde fue uno de los miembros del jurado de World Idols, visto por millones de espectadores. A mayores trabajó 7 años como presentadora de Studio Brussels, y puedes entender por qué la gente empezó a verla como la persona adecuada a la que confiarle qué les deparaba el futuro.
Su primera presentación como trendwatcher fue un trabajo para la agencia belga de publicidad Duval Guillaume. Habló sobre la cultura de la juventud y disfrutó cada minuto y todo el mundo pudo verlo. Todo el mundo, incluido Herman Konings, el alma mater de Pocket Marketing/NXT. Comenzó así una sólida colaboración entre dos trendwatchers, y una larga amistad entre dos filántropos apasionados por la buena narrativa.
Mucho ha sucedido desde esa primera presentación. Nina ahora tiene su propia compañía de comunicación, PitchWork, y trabaja para compañías como Philips, Dyson y Reckitt Benckinser. Con frecuencia colabora con BBC World Service. Actualmente está trabajando en un libro que esperamos que pueda ser publicado a finales de este año. Nina es el prototipo de mujer moderna, polifacética, que vive una vida de descubrimientos mientras viaja alrededor del mundo, tanto para realizar presentaciones como para localizar tendencias. Pero, lo que más destaca sobre todo es su estilo dinámico de contar historias. Interactiva, inteligente, graciosa, con desparpajo y siempre desde el corazón.
 






17/04/2012

ESCULTURA | IV Semana de Escultura Rural en Mármore

ESCULTURA | IV Semana de Escultura Rural en Mármore

A EASD Mestre Mateo participa con dous alumnos do Ciclo Superior de Artes Aplicadas da Escultura, Alejandro García Álvarez e César Guerrero Fernández, na IV Semana de Escultura Rural en Mármol. Organizada pola Escuela de Mármol de Andalucía, celébrase do 16 ao 20 de abril na Universidad de Almería.

O certame está aberto a xóvenes menores de 30 anos matriculados en escolas europeas de arte, escultura ou artesanía de pedra.

En total serán 47 artistas europeos os que participarán no certame, procedentes de 23 Escolas de Arte, facultades de Belas Artes e escolas obradoiro de cantería de Madrid, Barcelona, Murcia, Valencia, Almería, Granada, Sevilla ou Santiago de Compostela, e de países como Turquía, Francia, Italia e Eslovenia.

A temática é libre e cada participante disporá de 23 horas de traballo para realizar as esculturas sobre bloques de mármore branco de 40x20x20 cm., extraídos da canteira da Escuela de Mármol de Andalucía na Sierra de Macael.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria