Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

08/04/2011

A EASD Mestre Mateo únese á Semana das Curtas e organiza un ciclo de curtametraxes en lingua galega.

A EASD Mestre Mateo únese á Semana das Curtas e organiza un ciclo de curtametraxes en lingua galega.

O equipo de normalización lingüística da escola organizou do 31 de marzo ao 7 de abril un ciclo de curtametraxes producidas en lingua galega. O ciclo constou de 4 sesións nas que as alumnas e alumnos da escola poideron ver diferentes producións audiovisuais gravadas no noso idioma, escollidas entre as obras máis salientables dos últimos anos. Este ciclo pretende axudar a normalizar o uso do galego en todos os eidos de expresión artística. 






08/04/2011

O maquillador José Carlos González imparte unha clase práctica para as alumnas e alumnos da escola

O maquillador José Carlos González imparte unha clase práctica para as alumnas e alumnos da escola

José Carlos González amosou ás alumnas e alumnos dos ciclo de Fotografía Artística e o grao de Deseño de Moda como é o traballo entre deseñadores, fotógrafos e maquilladores no mundo editorial e publicitario. O maquillador, que ten traballado para as mellores revistas de moda internacionais, realizou ademais varias maquillaxes para deseños dos propios alumnos e alumnas da escola que logo fotografiaron. 






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria