O deseñador galego Cristóbal Vidal estará este venres 30 de abril na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, impartindo unha conferencia aos alumnos dos Estudos Superiores de Deseño de Moda.
Cristóbal Vidal (Vigo 1974) é un xoven deseñador galego formado na escola Goymar de Vigo, a Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona e a Winchester School of Art.
Gústalle que o definan como “xastre”, pois esta técnica concentra gran parte das súas investigacións para o cal estivo estudando no taller do prestixioso deseñador Ramón Ramis de Barcelona. Interesado en que as prendas teñan un contido, unha intención, unha mensaxe, concede unha prioridade case absoluta a que o corte sexa o máis limpo posible, polo que el mesmo se ocupa de realizar tódolos patróns que previamente deseña, dándolle unha gran importancia a demostrar o concepto por medio dun minucioso estudio técnico de prenda a través del patrón.
Actualmente Cristóbal Vidal confecciona en talleres de Vigo y Barcelona, sitios onde reparte os seus mostrarios de xastrería, calzado e roupa interior, integrantes das súas coleccións. Tras gañar dúas bolsas da Xunta de Galicia (TESOIRA 1997 e TESOIRA 2001), foi invitado como único deseñador de home á feira de IDEACOMO de Milán (outubro 2001, marzo 2002 e marzo 2003).
Vidal está orgulloso que se lle asocie a Galicia, de onde rescata elementos en desuso para plantexar os complementos e estilismos das súas coleccións. Dos seus estudos para cabaleiro tamén xorden prendas que aplicadas á muller completan as coleccións.
INAUGURACIÓN: 23 de abril, ás 20:00
EXPOSICIÓN: do 23 de abril ao 28 de maio de 2010
Sala de Exposicións da EASD Mestre Mateo
José María Picón
Ilustrador e fotógrafo.
O próximo venres 23 de abril a partir das 20h da tarde inaugúrase baixo o título de “Grafías” unha retrospectiva da obra do ilustrador compostelán José María Picón, alumno do Ciclo Superior de Fotografía Artística nesta Escola.
En “Grafías” amosa unha serie de pezas creadas polo autor, coa intención de atopar un mundo onírico propio, onde todo é posible. Unhas veces reflectindo de maneira directa e outras dunha forma máis poética; buscando abrir unha porta á imaxinación do público, plasmada nos fabulosos mundos da súa creación.
Con esta inauguración, a EASD Mestre Mateo apoia aos novos talentos artísticos á vez que se converte nun interesante punto de encontro cultural para a cidade de Compostela. A entrada á exposición é gratuíta e as obras permanecerán expostas do 23 de abril ao 28 de maio de 2010.
________
"Cando baixa a néboa todo o que coñecemos se desvanece no espazo e a veces no tempo. A néboa é quizais un deses elementos que nos levan a un mundo descoñecido”.
José María Picón nesta exposición baixou a súa "néboa" para levarnos a lugares que de outra forma xamais descubriríamos. Marcado por un estilo moi persoal e á vez moi definido en tódolos seus traballos consigue hipnotizarnos e facernos viaxar tras esa néboa para soñar con mundos diferentes que el reconstruíu para nos."
Por Jairo Iglesias
TALLER DE CREATIVIDADE
Mércores 14 de abril de 2010, ás 11:20
Salón de Actos da EASD Mestre Mateo
Alumnos de 1º, 2º e 3º de Deseño de Produtos
Antón Lezcano González.
Deseñador e creativo publicitario.
Compaxina a súa actividade profesional no seu estudio de deseño cunha actividade docente na materia de Creatividade dentro da carreira de Publicidade no Centro Español de Nuevas Profesiones. A isto engádeselle unha dilatada carreira periodística en medios como CUAC FM 103, 4, TVE, Antena 3TV, Radiovoz, Cadena Ser, e actualmente Localia onde dirixe o programa Turkía.
Desde a súa marca "nicetrip" desenvolve moitos dos seus deseños.
CHARLA COLOQUIO DE SARA COLEMAN
Venres 16 de abril de 2010, ás 12:30 horas
Salón de Actos da Escola