Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

16/03/2020

COVID-19| Atención ao alumnado

COVID-19| Atención ao alumnado

En aplicación das instrucións ditadas o venres 13 de marzo pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación co COVID-19 respecto da atención ao alumnado, a EASD Mestre Mateo dispón as seguintes medidas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar:
As comunicacións da EASD Mestre Mateo coa comunidade educativa realizaranse a través do correo electrónico ao enderezo escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
O profesorado elaborará propostas de actividades a realizar mediante ferramentas e medios telemáticos (correo electrónico, aula virtual, videoconferencias, etc.) para que o alumnado continúe co seu proceso educativo dende os seus domicilios.
Ditas propostas serán comunicadas ao propio alumnado polo profesorado implicado, así que estade atentos aos vosos correos electrónicos e ás mensaxes e instrucións que iremos publicando nos cursos da aula virtual.

Tedes xa un espazo de traballo preparado na casa? Veña que empezamos...
#somosmestremateo #eucreoticreas #QuedaNaCasa #escoladeartesedeseño #seguimosendanza #pensarantesdefacer #acabezanonpara #artesaniaedeseño #talentogalego

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria