"Saber expresar unha idea é tan importante como a idea mesma"
"A presentación dun proxecto é como a punta dun iceberg, so amosamos unha pequena parte de todo o traballo realizado no proxecto, por iso é tan importante facela ben".
Isto foi o arranque da conferencia de Diego Carracedo na que en 50 tweets deunos ferramentas doadas e útiles para mellorar as nosas presentacións.
Agora tócanos a nós poñelas en práctica.
O cheo absoluto no Salón de Actos (tanto de profes como de alumnado) confírmanos que é un tema no que todxs queremos mellorar.
Moitas grazas a Diego Carracedo pola aprendizaxe, pola visita, por facernos berrar, e porque aínda enriba, o pasamos ben.