Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

02/04/2016

CONFERENCIAS MM | ASPECTOS LEGAIS DA FOTOGRAFÍA, con JOSÉ NOGUEIRA DE SISTEMIUS

CONFERENCIAS MM | ASPECTOS LEGAIS DA FOTOGRAFÍA, con JOSÉ NOGUEIRA DE SISTEMIUS

Este xoves contamos coa presencia na Mestre Mateo de José Nogueira, avogado de Sistemius para falar sobre Aspectos Legais da Fotografía.

Durante a súa charla, José Nogueira falou sobre o marco de  referenza legal sobre a imaxe fortográfica: diferencia entre obra fotográfica e mera fotografía, os dereitos sobre a fotografía: os “inalienabeis” dereitos morais de autoría, e os de explotación,  e os dereitos da persoa fotografada (“de imaxe”).

Plantexóu unha serie de “erros” habituáis na difusión das imaxes nas redes sociáis: como ignorar que estamos cedendo certos deritos  ao subilas fotos ao facebook e outras redes, e non podemos subir imaxes de persoas ao noso blogue ou rede sen o seu consentimento, e deu lugar a un debate moi participativo sobre as cuestións que máis afectan e preocupan ao alumnado de fotografía.

Imaxe: Juan Adrio

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria