O salón de actos da EASD Mestre Mateo acolle entre novembro e xaneiro unha serie de conferencias en torno ao deseño.
O encargado da apertura deste ciclo de conferencias correu a cargo do de Xosé Vizoso, quen o pasado xoves baixo o título de "O deseño na cerámica de Sargadelos" fixo un percorrido por todo o proceso e metodoloxía de deseño dalgunhas das pezas más populares de Sargadelos.
Agardamos que as próximas conferencias sexan tan exitosas como a primeira, na que se rexistrou un cheo absoluto.
A próxima conferencia do ciclo versará sobre "O deseño na Arquitectura", a cargo de Gumersindo Freire, e terá lugar o xoves 13 de decembro ás 11:30 h.
O 17 de xaneiro á mesma hora tocaralle o turno a Marcelo Tejedor, quen mesturará dous mundos tan interesantes como "Gastronomía e Deseño".
Fotografía: Cristina Vilela (1º C.S. Fotografía Artística EASD Mestre Mateo).