Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

13/12/2021

CONCURSOS | Concurso Mestre Cartafol Tuning

CONCURSOS | Concurso Mestre Cartafol Tuning

Co obxectivo de fomentar o espírito creativo do alumnado da EASD Mestre Mateo, convócase o "I Concurso Mestrecartafol Tuning", onde todos/as estudantes da EASD Mestre Mateo están convidados a participar persoalizando o cartafol da Escola dun xeito creativo e visual.

O tema e a técnica son totalmente libres, e os únicos requisitos para participar son: estar matriculado/a na EASD Mestre Mateo en calquera das ensinanzas durante o curso 2021/22; e ter recollido o mestrecartafol na conserxería.

Haberá dous premios de 200€ cada un para invertir, á escolla da persoa gañadora, en material de traballo e/ou estudo para a Escola:

  • Premio popular entre os máis votados.
  • Premio do xurado.

Ademais os/as premiados recibirán un Certificado expedido polo centro que os acreditará como gañador/a (válido para puntos ao solicitar o Erasmus na Escola).

Para participar no concurso haberá que seguir os seguintes pasos:

  1. As persoas participantes deberán customizar o seu mestrecartafol de xeito creativo (dispoñible para recoller na Conserxería da Escola para todo o alumnado matriculado este curso).
  2. Cada participante fotografará o seu deseño de xeito que se vexa o mellor posible (máximo dúas fotos).
  3. A continuación, publicará as súas fotos o día 27 de xaneiro de 2022 (non antes nin despois) no seu Instagram, etiquetando @easdmestremateo , acompañadas do texto: Concurso #mestrecartafol @easdmestremateo 
  4. A EASD Mestre Mateo encargarase de repostear as imaxes das persoas candidatas no Instagram da escola para que se poidan ver e votar todos os deseños. Os deseños máis votados pasarán a un xurado interno para o premio popular.

Descarga as bases completas na seguinte ligazón:

http://www.easd.es/documentos/Curso%202021-22/BasesConcursoMestrecartafol21%20(1).pdf

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria