Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

21/05/2013

CONCURSO-EXPOSICIÓN | 'Máis que veciños'

CONCURSO-EXPOSICIÓN | \'Máis que veciños\'

Máis que veciños

Exposición das distintas propostas realizadas polo alumnado de 1º curso para o deseño de bolsas de alimentación para o Mercado de Abastos de Santiago.

Estes traballos, realizados polos alumnos de 1º de Deseño de Moda e de Deseño de Produto na materia de Fundamentos do Deseño, permanecerán expostos ata o 15 de xuño.

Todos os visitantes poderán votar cal é a bolsa que máis lles gusta, anotando no reverso dun ticket de compra dalgún dos establecementos do Mercado, o seu deseño preferido e os datos de contacto. Entre os que depositen o seu voto na urna situada na exposición, sortearase un premio de 400€ en vales de compra.
O deseño máis votado tamén recibirá un premio de 400€.

A exposición atópase nas casetas 41 a 44 da nave 1, e estará ata o sábado 15 de xuño.

galería de imaxes

                   

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria