Dende a Biblioteca da EASD Mestre Mateo organizan unha charla sobre propiedade intelectual, referencias e citas bibliográficas para este venres.
Impartida por Diego Maseda Seco, o obxectivo é transmitir ao alumnado a idea de que se pode utilizar material bibliográfico doutr@s autor@s nun traballo académico, sempre que se cumplan uns requisitos, e explicaráselle como facelo correctamente.
A charla será de 11:00 a 12:00 aproximadamente, no salón de actos.