MÉRCORES 13 DE XUÑO
12:00 H.
SALÓN DE ACTOS DA ESCOLA
O mércores 13 de xuño visitan a Escola o Director do filme VILAMOR, Ignacio Vilar, e tres dos actores, Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán, que nos achegarán a historia de Vilamor, como se fai unha película así como a situación do mundo cinematográfico e audiovisual en Galicia.
O filme Vilamor é a cuarta longametraxe de Ignacio Vilar, director e produtor galego que realizou en 2008 o filme Pradolongo.
PROGRAMACIÓN:
1ª Intervención: Ignacio Vilar: “como se fai unha película, proceso creativo dun filme”.
2ª Rubén Riós: "por que estamos aquí?", experiencias previas e necesidade de poñer en valor a cultura e a lingua galega a través do sétimo arte.
3º Xoel Yáñez: rodaxe Vilamor, historia. Que é Vilamor? Anécdotas da rodaxe.
4º Sabela Arán: experiencia persoal, rodaxe, historia da película.
5º Concurso enfocado ás redes sociais (últimos 5 minutos).
6º Rolda de preguntas.