Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Outgoing]

Recoñecemento

Sistema de créditos - Recoñecemento

A EASD Mestre Mateo emprega o sistema de créditos ECTS nas Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda e de Deseño de Produto. O estudante e a institución (a través do Coordinador Erasmus e da Xefatura de Estudos) asinan un Acordo de Estudos no que se especifican as disciplinas que se recoñecerán pola súa mobilidade Erasmus de estudos. Deste xeito, o estudante coñece con anterioridade á súa saída que o recoñecemento de créditos ECTS será pleno.

No caso dos Ciclos Formativos non se está a empregar o sistema de créditos ECTS, aínda que este sistema se implantará nos vindeiros cursos (estas ensinanzas están sendo adaptadas ao EEES polo Ministerio de Educación). Na actualidade, a EASD Mestre Mateo realiza mobilidades de prácticas en empresas baixo o Programa Erasmus (SMP), que se recoñecen polo módulo de Formación Práctica en Empresas, Estudos ou Talleres.

Mecanismo de recoñecemento

Unha vez o estudante e a EASD Mestre Mateo asinan o Acordo de Estudos complementario mencionado, e considerando o sistema de créditos ECTS, o recoñecemento dos logros é automático. Cando o estudante regresa, siempre que teña cumprido con todas as súas obrigas, o Director, como representante legal da institución, asina un recoñecemento de créditos; un documento baseado no certificado de notas proporcionado pola institución socia.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria