Mobilidades de prácticas | SMT
Consiste na realización dun período de prácticas durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país da Unión Europea.
Poderán participar os estudantes de institucións de educación superior que posúan unha Carta Universitaria Erasmus.
As organizacións de acollida para as prácticas de estudantes poden ser empresas, centros de formación, centros de investigación e outras organizacións.
As características das prácticas de estudantes son:
- A institución de ensinanza superior de orixe debe outorgar pleno recoñecemento ao periodo de prácticas no estranxeiro.
- O estudante debe recibir un acordo de formación relativo ao programa do período de prácticas; este acordo debe ser aprobado pola institución de educación superior de orixe e a organización de acollida.
O período de prácticas debe estar cuberto por un acordo de prácticas aprobado pola institución de educación superior de orixe, a institución de acollida e o beneficiario.
As axudas aos estudantes Erasmus son compatibles con calquera outra axuda ou préstamo nacional.
As persoas interesadas deben atopar unha empresa onde facer as prácticas por si mesmas. Estas dous ligazóns poden ser de utilidade para a busca de empresa:
https://ec.europa.eu/eures/droppin/en
Carta do estudante Erasmus - Dereitos e obrigas do estudante Erasmus
Duración:
Mínima 2 meses, máxima 12 meses. Financiación máxima: 3 meses.
Convocatoria SMT 2017/2018.
Convocatorias SMT años anteriores.