Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Outgoing]

Estudos | SMS

Mobilidades de estudo | SMS

Consiste na realización dun período de estudos nunha institución de educación superior doutro país europeo. Ao final do mesmo a institución de orixe do estudante recoñecerá académicamente os estudos realizados.

Durante este periodo, o estudante estará exento de pagar taxas académicas na institución de acollida.

Poderán participar os estudantes de institucións de educación superior que posúan unha Carta Universitaria Erasmus. O estudiante deberá recibir un acordo de estudos por escrito relativo ao programa de estudos que seguirá no país de acollida. Ao término da estancia no estranxeiro, a institución de acollida deberá remitir ao estudante Erasmus e á súa institución de orixe un certificado de que completou o programa acordado e un informe dos seus resultados.

As axudas aos estudantes Erasmus son compatibles con calquera outra axuda ou préstamo nacional.

Carta do estudante Erasmus - Dereitos e obrigas do estudante Erasmus

 

Convocatoria SMS 2018-2019

Aberto novo prazo extraordinario para presentar solicitudes ata o 18 de maio de 2018. SOLO PARA DESEÑO DE PRODUTO.

Resolución SMS 2018/2019 - Listaxes provisorias

16 de marzo de 2018: publicación de listaxes provisorias:

Convocatorias de cursos anteriores:

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria