Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[GALTEO]

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola convoca o Premio "A lingua, arte da túa terra" ao que se poderá presentar todo o alumnado da EASD Mestre Mateo, que no seu proxecto Final de Estudos, poña en valor a Lingua e a Cultura Galegas.

 

Bases:

  1. Poderán optar ao premio os Proxectos que cumpran os seguintes requisitos:

    • A lingua utilizada terá que ser obrigatoriamente a galega

    • O proxecto terá que por en valor a Cultura Galega: ben pola temática, os materiais empregados, etc.

  2. Cada participante deberá rechear un formulario de rexistro e envialo por correo electrónico a galteo@easd.es

  3. Haberá un premio para Ciclos Formativos e outro para Estudos Superiores, dotados con 200€ cada un.

  4. Serán aceptados tódolos Proxectos Finais do curso académico da convocatoria do premio, que acaden unha cualificación igual o superior a 5.

  5. Data límite de presentación: Ciclos Formativos: 20 de Xuño  /  EE.SS.: 10 de Setembro. Pasado dito prazo, non se admitirá ningún Proxecto.

  6. O xurado estará composto polas/os integrantes do EDLG.

  7. A resolución comunicarase por correo electrónico as/os gañadoras/es.

  8. As/os gañadoras/es asinarán un documento de cesión de dereitos de imaxe e/ou autor/a, según o caso.

  9. O premio pode quedar deserto se Galteo así o estima.

  10. Para calquera dúbida pódese contactar con Galteo no enderezo electrónico: galteo@easd.es

  11. A participación no Premio implica a aceptación destas bases.

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria