Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Escola]

Identidade Corporativa

A marca da escola Mestre Mateo está a disposición de todo aquel que a necesite para incluíla no contexto da escola en todo tipo de material como por exemplo:

  • Material administrativo emitido polo centro.
  • Proxectos e traballos realizados no marco das ensinanzas impartidas no centro.
  • Material emitido por entidades coas que colabora a EASD Mestre Mateo.
  • ...

Existen catro versións da marca EASD Mestre Mateo, cada unha delas pensada para un uso concreto:

  1. Versión sobre fondo vermello. Carácter polivalente. Pode empregarse sobre todo tipo de fondos, sempre que contraste suficientemente co soporte (absterse especialmente de utilizalo con toda a gama de maxentas...).
  2. Versión sobre fondo negro. Ten tamén un carácter polivalente, para empregar especialmente sobre fondo negro ou en aquelas ocasións nas que o vermello non contraste o suficiente.
  3. Versión sobre fondo branco. Versión para empregar exclusivamente sobre fondo branco, apta especialmente para uso administrativo.
  4. Versión gris sobre fondo branco. Concebida específicamente para o ámbito administrativo, naquelas ocasións nas que deba estar presente, pero sen interferir cos elementos que a rodean.

Descarga nas seguintes ligazóns a identidade corporativa da EASD Mestre Mateo:

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria