Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Empresas]

Información empresas

PRÁCTICAS EXTERNAS - NIVEL GRAO (DESEÑO DE MODA E DESEÑO DE PRODUTO)

Dende a EASD Mestre Mateo agradecemos a facilidade que nos dan as diferentes empresas de cara a favorecer a incorporación do noso alumnado aos seus centros de traballo e facer posible o correcto desenvolvemento das prácticas de empresa.

As Prácticas Externas teñen as seguintes características:

  • Seguro de accidente e responsabilidade civil subscrito pola Consellería de Educación
  • Non existe relación laboral entre a empresa e o alumno/a
  • Non se abonan retribucións pola empresa ao alumno/a
  • Duración das prácticas entre 250 e 300 horas do alumno na empresa
  • 8 horas como máximo de xornada laboral
  • Datas e horario a acordar pola empresa e a EASD Mestre Mateo
  • Selección pola empresa do alumnado dispoñible entre o preseleccionado pola Xefatura de Relacións

Procedemento:

  1. Preselección do estudante: A EASD Mestre Mateo porase en contacto coa empresa para facilitarlle unha preselección de alumnos dispoñibles para o inicio de prácticas e acordes coas súas necesidades. Poderase coordinar as entrevistas de requirirse por parte da Empresa.
  2. Documentación e convenio: Asinarase un convenio de colaboración, entre a Empresa e a EASD Mestre Mateo, onde quedará especificado o horario e datas de incorporación e fin de prácticas. A empresa deberá nomear un titor/a responsable do alumno/a no centro de traballo, durante a realización das prácticas. Toda a información sobre o proceso da sinatura e información requirida realizarase a través do correo: empresas@easd.es
  3. Inicio das prácticas: Previamente á incorporación do estudante entrégaselle a empresa toda a documentación requirida para a posterior avaliación das prácticas realizadas.
  4. Fin das prácticas: Ao remate das prácticas a empresa comprométese a achegar á EASD Mestre Mateo o documento orixinal (é necesario sinatura orixinal, non dixitalizado) correspondente á avaliación das prácticas de estudante. A dirección da Escola é: Rúa Virxe da Cerca nº 32, 15703, Santiago de Compostela. A/A: Xefatura de Relación con empresas, estudos ou talleres.

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria