Información alumnado
FORMACIÓN PRÁCTICA EN EMPRESAS, ESTUDOS OU TALLERES (FPEET) - NIVEL CICLOS
- A Xefatura de Relacións con Empresas, Estudos ou Talleres organizará unha reunión informativa previa ao período de prácticas ao inicio de curso, Para dúbidas deberanse dirixir o Coordinador de prácticas de FCT/FPEET e/ou titor correspondente.
- Documento informativo inicial - FPEET
PRÁCTICAS EXTERNAS (PE)- NIVEL ESTUDOS SUPERIORES (DESEÑO DE MODA E DESEÑO DE PRODUTO)
As prácticas poden ser Curriculares (obrigatorias) e Extracurriculares (voluntarias) e realizarse se o alumno/a se atopa nalgunha das dúas seguintes situacións:
Curriculares:
- ter tódolos créditos superados, coa excepción do TFE.
- ter ata un máximo de 18 créditos ECTS pendentes (ao marxe do TFE); neste caso o alumno poderá solicitar a súa realización na convocatoria na que cumpra este requisito, con autorización do Xefe de Estudos.
Asignación de empresas:
- Empresas propostas polos estudantes:
Ademais das empresas colaboradoras coa Escola nas prácticas, o alumno pode realizar prácticas noutras empresas, sempre que o comunique á Xefatura de Relacións con Empresas e previamente exista un convenio asinado adaptado ás condicións requiridas.
Se tedes contacto coa empresa e vos interesa esta opción, debedes comunicarllo á coordinación das prácticas no correo empresas@easd.es , e facilitar a folla de datos de alumno e a folla de datos de empresa (nos prazos indicados - contactar por correo para obter formato editable)
- Empresas propostas pola EASD:
A EASD conta cunha bolsa de empresas colaboradoras, coas cales asinará un Convenio de Prácticas específico que permita a incorporación de cada alumno/a ao seu centro de traballo para a realización das prácticas.
Condicións das prácticas:
- Non teñen carácter laboral, nin son retribuídas.
- O alumnado está cuberto por un seguro de accidente e de responsabilidade civil, subscrito pola Consellería de Educación.
- Terán unha duración mínima de 250 horas (a duración máxima da disciplina son 300 horas, 12 créditos ECTS).
Procedemento:
- A Xefatura de Relacións con Empresas, Estudos ou Talleres organizará unha reunión informativa previa ao período de inicio de prácticas ó comezo de curso. , Nesta reunión explicarase o procedemento a seguir e solucionaranse as dúbidas que poida ter o alumnado.
- Ademaís farase unha reunión previa o inicio de cada cuadrimestre. Nesta reunión xestionarase a qué modalidade de prácticas se vai axustar cada alumno e asignaranse as empresas.
- Asumindo as necesidades das empresas da bolsa de colaboración e dos diferentes alumnos, a EASD xestionará os convenios de realización das prácticas. Unha vez confirmados polas diferentes empresas notificaráselle ao alumnado as datas de inicio e finalización das súas prácticas, para a súa incorporación inmediata.
- Ningún alumno pode comezar as prácticas sen ter asinado o Convenio por parte da Escola; de facelo a situación laboral sería irregular.
- Unha vez asinado o Convenio o alumno comprométese ao cumprimento do mesmo; a seguir as indicacións do seu titor/a de prácticas e do titor/a da empresa, e a elaborar a memoria de prácticas e entregala ao rematar as mesmas no prazo establecido.
- O rematar as prácticsa os alumnos deberán entregar:
- O rematar as prácticas os titores académicos deberán entregar:
Extracurriculares (son voluntarias, as busca o alumno directamente e nunca con empresas colaboradoras coa EASD xa que supoñen un custo para as mesmas), poderán realizalas se pertencen a un dos seguintes tipos :
- TIPO A: Os alumnos de 3º curso cun 50 % dos créditos superados en dito curso e a totalidade dos cursos anteriores superados.
- TIPO B: Os alumnos de 4º sempre prevalecendo a asistencia e horario lectivo
- TIPO C: Os alumnos de 4º con só pendente o TFE
Para información completa sobre as prácticas curriculares ou extracurriculares, documentación, normas e xestión ver: Instrucións de Prácticas da EASD
Os alumnos interesados en tramitar as prácticas extracurriculares deberán cursar o anexo: solicitude de prácticas extracurriculares no prazo establecido según o calendario de prácticas e poderán aproveitar as funcionalidadades do Career Center de Jobteaser, daráselles acceso vía email en exclusividade coa realización da matrícula na EASD.
Calendario de prácticas curso 2021-2022 _ PE
Calendario de prácticas curso 2021-2022_FPEET
Convocatoria de prácticas extracurriculares curso 2021-2022
BASES CONVOCATORIA VI CONCURSO DE IMAXE PARA OBRA IMPRESA curso 21-22 - presentación ata o día 8 de novembro de 2021.