Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Empresas]

Empresas

A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo xestiona o desenvolvemento das prácticas en empresas dos diferentes alumnos segundo as características dos seus estudos. As prácticas en empresas son un complemento obligatorio que lle permite ao alumnado unha primeira aproximación á experiencia profesional e que os prepara para a vida laboral futura.

A organización de ditas prácticas correspóndese cos diferentes niveis académicos impartidos na Escola e as esixencias e temporalidade das diferentes prácticas nos mesmos. Desde xeito divídese a organización nos seguintes niveis: Estudos Superiores de Deseño ou Ciclos Superiores de Deseño.

 

Xefe de Departamento de Relación con empresas, estudosou talleres.

 

1.- Prácticas en Estudos Superiores de Moda e Produto:

O plan de estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño inclúe a disciplina “Prácticas Externas”, que  se debe cursar no 4º e último curso.

Coordinadores/Titores de prácticas de empresas en Estudios Superiores de Deseño

  • Titor de prácticas de Produto:           Don Ángel Lázaro Sastre
  • Titor de prácticas de Moda:              Dona Carmen Pastoriza Gómez
  • Apoio a titoría de moda:                  Dona Marisol Fernández Pérez

 

 

2.- Prácticas en Ciclos de Escultura, Arquitectura Efémera, Fotografía e Xoiería:

Os Ciclos Formativos inclúen no seu currículo un módulo de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, que é imprescindible superar para a obtención do título. A EASD Mestre Mateo ten subscritos numerosos convenios coas principais empresas e talleres da comarca de Santiago de Compostela, onde o alumnado pode cursar este período de prácticas.

 

Coordinador de prácticas de empresas en Ciclos:

  • Don Antonio Míguez Losada 
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria