Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Biblioteca]

INFORMACIÓN E NORMAS DE USO

INFORMACIÓN PARA USUARIOS

1. HORARIO DE APERTURA

A sala de lectura da Biblioteca está aberta de 8:00 a 21:00. Nese horario, o alumnado poderá facer uso dos postos de lectura e dos ordenadores de acceso público.

O ordenador do punto de atención ao público é de acceso exclusivo para o profesorado.

2. HORARIO DE PRÉSTAMO

O horario de préstamo está condicionado polos horarios do profesorado encargado da Biblioteca.

En canto estean dispoñibles os horarios para o vindeiro curso 2017·18, serán publicados tanto na web da Escola coma na Biblioteca.

3. NORMAS DE USO

Teñen como obxectivo garantir unha boa convivencia entre @s usuari@s da Biblioteca, así coma o mantemento dos fondos bibliográficos, mobiliario e equipos informáticos en estado óptimo.

Cómpre respectar as seguintes normas, por tanto, para o beneficio de tod@s:

3.1. NORMAS XERAIS

Polo ben de tod@s, prégase manter silencio.

Prégase ademáis manter o teléfono e o ordenador silenciados.

En caso de empregar auriculares, convén asegurarse de que o volume non molesta ás outras usuarias e usuarios.

Para evitar accidentes que poidan deteriorar os fondos bibliográficos e/ou os ordenadores, prégase non introducir bebidas nin comidas na sala, así como velar polo coidado deles.

En beneficio de todas e todos, convén deixar ordenada a Biblioteca despois de ser utilizada.

3.2. USO DOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS

Os fondos serán retirados e devoltos ás estanterías polo profesorado encargado da Biblioteca. Actualmente estase implementando un novo sistema de ordenación destes fondos. Recoméndase consultar a seguinte guía.

Prégase ás usuarias e usuarios que, unha vez consultadas as obras, NON as devolvan ás estanterías, xa que un erro na súa colocación supón o extravío das mesmas. Por tanto, unha vez consultadas, serán entregadas ao profesorado encargado.

3.3. PRÉSTAMO

Só poderán retirar obras en préstamo domiciliario os membros da comunidade escolar da Escola (profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos), aportando o Documento Nacional de Identidade (DNI) ou pasaporte.

O período de préstamo será de 15 días, que poderán ser prorrogables salvo que outr@ usuari@ reservara esa mesma obra.

O máximo de obras que poden ser emprestadas simultáneamente será de 3.

Os préstamos realizaranse no horario previsto, polo profesorado encargado.

Os libros de consulta xeral non poderán ser obxecto de préstamo a domicilio. Deberán ser consultados en sala.

@ usuari@ que deteriore ou perda unha obra deberá repoñela.

O retraso na devolución das obras sanciónase automáticamente coa prohibición de préstamo polo mesmo tempo da demora.

Todo retraso que exceda os 15 días, sen causa xustificada, implicará a prohibición de novos préstamos durante ese curso.

3.4. USO DOS ORDENADORES DA SALA

Os ordenadores son ferramentas de consulta e busca de información con fins educativos.

Prohíbese o seu uso para fins diferentes a estes propósitos (xogos, chats…)

4. SUXESTIÓNS, QUEIXAS E CONSULTAS

Ante calquera dúbida, suxestión (tanto no relativo á compra de fondos bibliográficos coma ao funcionamento xeral), queixa ou consulta, poderá contactar co encargado da Biblioteca mediante mail ao enderezo biblioteca@easd.es, ou dirixíndose persoalmente dentro do horario establecido (consultar horarios).

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria