Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

Aviso Legal

easd.es é un dominio en internet titularidade da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, Rúa Virxe da Cerca, 32, 15703 Santiago de Compostela -en adiante E.A.S.D. Mestre Mateo-, centro público de ensinanzas artísticas superiores dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.

A estructura, contidos e deseño desta web foron elaborados pola comunidade educativa desta Escola.

Tódolos contidos desta web, especialmente as denominacións legais, nomes comerciais, marcas e signos distintivos, os deseños industriais, o deseño web e textos, as fotografías e obras artísticas, e calquera outros elementos susceptibles de utilización industrial e/ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual da E.A.S.D. MESTRE MATEO ou de terceiros titulares dos mesmos que autorizan a súa exposición.

Prohíbese a reproducción total ou parcial dos contidos desta web sen citar a súa orixe ou solicitar autorización. En calquera caso, prohíbese expresamente a reproducción ou explotación comercial de calquera elemento de propiedade industrial que se expoña na web.

A información contida na web, así como o correo de contacto teñen caracter exclusivamente informativo, sen que destes contidos poida derivarse efecto xurídico vinculante algún.

As páxinas externas que teñan habilitado algún enlace desde esta web non están sometidas a ningún control pola E.A.S.D. MESTRE MATEO, declinándose toda responsabilidade sobre os contidos que poidan ofrecer.

© Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo 2009-2014