Que é unha EASD?
Unha EASD é unha Escola de Artes e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:
Que se pode estudar nunha EASD?
Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:
Que Especialidades de Deseño se poden estudar na EASD Mestre Mateo?
Na EASD Mestre Mateo podes matricularte nas Ensinanzas Superiores en Deseño de Moda e tamén nas Ensinanzas Superiores en Deseño de Produto
Podo matricularme na EASD Mestre Mateo se non teño o Bacharelato aprobado?
Si, se tes máis de 18 anos ou os cumpres neste ano 2016. Tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza
Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver a facela?
Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre, terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.
Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?
- Fotocopia do DNI ou pasaporte
- Unha foto carné
- Resgardo do impreso de abono das taxas das probas de acceso (exento alumnado de acceso directo). Podes recoller o modelo de impreso na Secretaría da EASD Mestre Mateo e logo ir a pagar as taxas
Ademais da documentación acreditativa que corresponda, fotocopia cotexada. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar. Algunha das seguintes:
-Título de bacharelato, ou certificación académica en que conste o depósito do título.
-Título de técnico superior de artes plásticas e deseño e certificación académica.
-Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
-Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 18 anos en convocatoria anterior.
Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero o vou a aprobar na convocatoria de setembro, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?
Si, ao facer a solicitude de inscrición marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato” . IMPORTANTE: o alumnado pendente de aprobar o Bacharelato en setembro so terá acceso no caso de que non se completen as prazas ofertadas na convocatoria de xuño.
Se non teño bacharelato pero teño superada a proba de acceso a ciclo superior teño que presentarme á proba de madurez igualmente?
A superación da proba de acceso a un ciclo de grao superior non exime da proba de madureza de acceso ás ensinanzas superiores, xa que se trata de ensinanzas de diferente nivel
Se teño aprobada a proba de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que repetila.
Onde teño que facer a inscrición?
A inscrición farase na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Deseño de Moda ou Deseño de Produto, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría da EASD Mestre Mateo no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso.
Podo facer a inscrición por internet?
A solicitude terá que ser entregada na Secretaría da EASD Mestre Mateo, xunto coa documentación que proceda.
Si podes descargar o impreso da solicitude da nosa Web www.easd.es para entrégalo debidamente cumprimentado e coa documentación necesaria, na Secretaría. Tamén podes recoller os impresos tanto da solicitude na Secretaría da EASD Mestre Mateo en horario de 9 a 14:00 ou polas tardes ata as 21:00 na Conserxería.
A entrega da documentación cumplimentada será únicamente na Secretaría en horario de 9 a 14:00.
Qué título fai falta para poder optar ao acceso directo nas Ensinanzas Superiores de Deseño?
Un título Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en calquera especialidade, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Escultura, Xoiaría ou Arquitectura Efémera que se imparten na escola.
Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 20% das prazas para os que optan polo acceso directo. Tanto para os estudios de Deseño de Moda como de Deseño de Produto, iso implica que haberá 4 prazas en Moda e 4 prazas en Produto para os aspirantes que opten polo acceso directo.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.
Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? Caso en que o aspirante está pendente da avaliación do proxecto final para a obtención do título.
Si, se aportas o título no momento de facer a matrícula.
Onde podo consultar as probas doutros anos?
IMPORTANTE: A convocatoria de acceso 2017/2018 foi a primeira na que as probas de acceso son únicas para todas as especialidades de Deseño: Produto, Moda, Gráfico e Interiores, polo que as probas dos cursos anteriores non se axustan ao novo modelo de proba única. Podes descargar un modelo de proba nestes enlaces
Modelo exame Acceso EESSDD Proba Específica 1
Modelo exame Acceso EESSDD Proba Específica 2
Se non tes decidida a especialidade, podes facer as probas e logo escoller?
Si, por primeira vez, as probas de acceso específicas serán únicas para tódalas especialidades de Deseño (Produto, Moda, Gráfico e Interiores), así que despois de cualificar a proba distribuiranse as prazas en función das cualificacións obtidas e as preferencias indicadas polo alumnado
Onde van a ser as probas de acceso?
As probas específicas de acceso levaranse a cabo na EASD Pablo Picasso (A Coruña)
Cando terán lugar as probas de acceso?
Os días que se establezan na convocatoria cando se publiquen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017-2018 (previsto: 2ª quincena maio)
Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?
Non, pero podes consultar os modelos de probas de cursos anteriores
Modelo exame Acceso EESSDD Proba Específica 1
Modelo exame Acceso EESSDD Proba Específica 2
Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?
Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido cando se publiquen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017-2018
Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?
Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.