Ao longo dunha xornada moi intensa pero ben interesante o alumnado de Xoiaría artística da EASD Mestre mateo tivo a oportunidade de visitar en Ourense a exposición adicada ao mundo dos suevos In tempore Sueborum, así como as Burgas e a catedral.
Ademais deron un salto á localidade de Bande para facer unha visita ao centro de interpretación do campamento romano Aquis querquenis e, para finalizar, poideron desfrutar das pinturas murais do templo visigodo Santa Comba de Bande.
#somosmestremateo #xoiaría #escoladeartesedeseño#actividadescomplementarias