A EASD Mestre Mateo convidada a formar parte do "V Mes del Diseño Emergente" no Museo del Traje. Do 2 de xuño ao 2 de xullo o Museo del Traje organiza unha exposición dos proxectos máis destacados do alumnado das principais escolas de deseño de moda, trátase dun proxecto para abrir unha xanela aos deseñadores/as chamados a ocupar as vitrinas do museo no futuro. Nesta ocasión, expoñemos unha mostra da colección Eu de Noelia Nogueiras premio mellor colección Despunte16 e da colección | FROM THE SELECTION | de Beatriz Moreira, no expositor deseñado para a ocasión por Ray Scaloni, alumno do CS de Arquitectura Efémera. EXPOSITOR POP-UP #whenFASHIONmeetsARCHITECTURE A idea do expositor ten o seu fundamento no cocepto clave de "emerxente". Emerxer é nacer, brotar, xurdir, crecer, de onde aparentemente non había nada aparece, neste caso, unha volumétricos. No caso do alumnado, uns novos deseñadores que labran o seu primeiro oco na industria de Moda.