O venres 15 ás 12 no Salón de Actos da EASD Mestre Mateo, CONFERENCIA MM: A ARTE DA CINEMATOGRAFÍA, con Alberte Branco.
Seguimos cos plans cos que inauguramos o 2016: organizar unha conferencia aberta a todo o alumnado da Escola con aqueles profesionais que se achegan ata a Mestre Mateo para impartir un obradoiro nalgunha das especialidades impartidas.
Alberte Branco estará impartindo a vindeira semana un obradoiro titulado A Arte da Cinematografía, dirixido ao alumnado de 2º curso do CS de Fotografía, pero antes, convídamolo a facer a introdución dese obradoiro o venres no salón de actos nunha conferencia aberta ao público.
Alberte Branco é director de fotografía e conta cunha exitosa traxectoria profesional de 10 anos nos que traballou en longametraxes como Vilamor, Encallados, Os Fenómenos..., ademáis de documentais, curtametraxes, programas de tv, series de ficción...
O seu traballo, versátil e con personalidade, caracterízase por fusionarse co proxecto que teña entre mans e loitar ata levar a ollada do director ou directora á pantalla. Consegue este obxectivo coas ferramentas que domina: o encadre, o movemento, o espazo, o tempo, a luz e as texturas. Todos estes elementos fusiónanse na arte da Cinematografía, un oficio que ama con paixón, defende e pon en valor en cada traballo que fai.
Este bo facer veuse recompensado con premios coma os seguintes:
Estades todxs convidadxs a coñecer cal é o traballo dun director de fotografía o venres ás 12 da man de Alberte Branco
Este martes 12 de xaneiro ás 12:30 no salón de actos temos a primeira Conferencia MM do 2016.
Achegádevos a coñecer de cerca o traballo do estudio cenlitrosmetrocadrado.
Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación composto polos deseñadores Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río e unha ampla rede de colaboradores externos en outros eidos tanxenciais á propia actividade do estudio.
Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van dende o deseño gráfico, de produto e de espazos ata a coordinación de equipas de traballo en ámbitos creativos.
Aberto ao público en xeral ata completar aforo
http://cenlitrosmetrocadrado.com
Organiza: Deseño de Produto