Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

15/12/2015

PRODUTO| Obradoiro embalaxes con cenlitrosmetrocadrado para produtos do Mercado de Abastos

PRODUTO| Obradoiro embalaxes con cenlitrosmetrocadrado para produtos do Mercado de Abastos

MÁIS QUE VECIÑOS. Obradoiro de deseño aplicado a embalaxes de produtos de mercado na EASD Mestre Mateo, con cenlitrosmetrocadrado

Durante os días 15 e 16 de decembro o alumnado de 3º de Deseño de Produto participa nun obradoiro de Deseño de embalaxes, con cenlitrosmetrocadrado.
Dous días de traballo intensivo no que o alumnado participante adicarase en exclusiva ao deseño dunha liña de embalaxes para produtos do Mercado de Abastos da tempada outono-inverno. O obxectivo é diferenciar a presentación dunha serie de produtos característicos desta época mediante unha solución de embalaxe “premium” alternativa á convencional. 

A proposta de traballo do obradoiro intégrase baixo o paraugas MÁIS QUE VECIÑOS, que é como dende a Mestre Mateo bautizamos aqueles proxectos nos que dalgunha forma, traballamos “enredados” cos nosos veciños do Mercado de Abastos.
A vindeira semana, colocaremos nunha das vitrinas do mercado de nadal que se celebra estes días na nave 5 do mercado, algunhas das mellores propostas que resulten do obradoiro.
#maisqueveciños #somosmestremateo

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria