Ata o día 5 de xaneiro na nave 5 do Mercado de Abastos, formando parte do Mercado de Nadal, poderedes ver os conceptos resultantes do obradoiro de embalaxes realizado na escola o 15 e 16 de decembro.
2 días, un feixe de ideas
Ingredientes: Un monllo de grelos, cogumelos, unha folla de bacallau, un queixo de Arzúa, outro de tetilla, hamburguesas de boi e castañas.
Preparación: xuntar todos os ingredientes na EASD Mestre Mateo, engadir 20 alumnos e alumnas de Deseño de Produto e cociñar durante 2 días remexendo cada pouco con Xabier e Ricardo de cenlitrosmetrocadrado
Resultado: un feixe de propostas de embalaxes nada convencionais para sumar prestixio e dotar da importancia que merecen ós nosos produtos de mercado.
Todo conseguido a partir de materiais ben humildes como o papel e o cartón. No deseño destas propostas consideráronse, entre outros, factores como as necesidades relativas á exposición do produto, pre-embalado e apilamento, segundas vidas/reutilización da embalaxe, xestión dos residuos/pegada ecolóxica, durabilidade...
Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación composto polos deseñadores Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río e unha ampla rede de colaboradores externos en outros eidos tanxenciais á propia actividade do estudio. Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van dende o deseño gráfico, de produto e de espazos ata a coordinación de equipas de traballo en ámbitos creativos. Na súa traxectoria ten desenvolvido proxectos que reflexionan sobre a problemática que rodea á acción de compravenda de produtos de alimentación, achegando solucións que atenden a factores como a sostibilidade, a trazabilidade, a tradición, a calidade ou o comercio xusto. cenlitrosmetrocadrado.com
MÁIS QUE VECIÑOS. Obradoiro de embalaxes con cenlitrosmetrocadrado na EASD Mestre Mateo
#maisqueveciños #somosmestremateo #cenlitrosmetrocadrado