Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

21/12/2014

MODA | Visita do alumnado a Ordes. Viriato, Confecciones Furelos e Museo del Traje Juan José Liñares

MODA | Visita do alumnado a Ordes. Viriato, Confecciones Furelos e Museo del Traje Juan José Liñares

O pasado 17 de decembro un grupo de alumnos e alumnas de Deseño de Moda, acompañados polo profesor José Luis Louzao fixeron unha visita didáctica a Ordes

A primeira visita foi a Viriato S.A. empresa de xéneros de punto, que fabrica ciclo completo de prendas desde o deseño a comercialización.

A segunda visita do día foi a Confecciones Furelos S. L, empresa fundada en 1997, taller externo de confección especializado en prendas de señora xeneralmente vestidos e pantalón. 

Xa pola tarde, visitaron o museo do traxe Juanjo Liñares, acompañados polo seu director D. Manuel Viqueira, que explicou en primeiro lugar a biografía de Juanjo, coreógrafo e bailarín nado en Ordes e que desenrrolou a súa carreira e vida profesional en Madrid. Despois mostroulles a a sala de traxe rexional, para de seguido pasar polas exposicións de monecas e traxes de celebrities, como Antonio Gades ou Rocío Jurado, ademais da explicación abriu as vitrinas para ver de cerca e en algúns casos ata tocar certas pezas que os alumnos solicitaban.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria