Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

17/05/2016

GALTEO| ACCIÓN POÉTICA. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

GALTEO| ACCIÓN POÉTICA. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Dende fai uns días acontecía un misterioso fenómeno nos baños da Mestre Mateo: agromaban versos nos espellos e ninguén sabía por que.

Hoxe revelamos que Galteo (Dinamización da Lingua na Mestre Mateo) estaba detrás desta acción que se suma á celebración do Día das Letras Galegas adicado a Manuel María. Podedes ver todas as imaxes aquí: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1121912627881450.1073741960.139268562812533&type=3

"A Fala". Manuel M

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria