Publicación de la convocatoria de Prácticas Erasmus+ para el curso 2016-2017.
Alumnado interesado: alumnado de los últimos cursos de Ciclos Superiores y Estudios Superiores de Diseño impartidos en centro y alumnado recién titulado.
Más info: http://www.easd.es/esp/internacional/erasmus-/outgoing/practicas-smt
O obxectivo deste desfile é difundir o talento e saber facer do noso alumnado entre persoas, empresas e institucións relacionadas co mundo da moda, da xoiaría, do deseño e da arte en xeral, da educación e da actividade empresarial galega do sector.
O desfile que presentaremos este curso estará organizado en tres seccións: baixo o título DESPUNTE desfilarán os Traballos Finais de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda, a continuación MISCELÁNEA dará paso aos traballos de 3º curso das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda, e por último, poderemos ver os traballos finais do alumnado do Ciclo Superior de Xoiaría Artística.
Ademais dos directamente involucrados nos deseños, o resto de alumnado das especialidades de Moda e Xoiaría colabora activamente na organización desta importante cita, realizando diversas funcións como vestidores/as, azafatos/as, modelos e contaremos un ano máis co traballo do alumnado do CS de Fotografía para realizar a cobertura do evento.
A organización desta edición do desfile apoiase tamén en colaboracións como: “CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Someso” de A Coruña para perruquería e maquillaxe dos modelos, “Galicia Calidade”, “Fundación Cidade da Cultura de Galicia”, “Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño”, “El Corte Inglés” e “Nubbe Clothes”.
Para máis información podedes consultar a nosa web nos vindeiros días, e tamén podedes seguir os preparativos do desfile no Facebook: EASD Mestre Mateo ou no Instagram @easdmestremateo