Na mañá do venres o DIMCompostela achegouse ata a Mestre Mateo para entregar os premios do concurso de fotografía para ilustrar o cartaz e o díptico do Día Internacional dos Museos.
O alumnado de 1º de fotografía participóu nunha colaboración cós museos da cidade, co gaio da celebración do día internacional dos museos (DIM), consistente na realización de fotografías para o cartaz e tríptico anunciadores, e a realización de fotos das persoas que se quixeron subir ás peanas que puxeron na rúa nese día. Estas fotos están sendo difundidas na rede a través do facebook do DIM.
A participación tivo unha parte de concurso de fotografías, para o cartaz anunciador e o díptico do Día Internacional dos Museos, no que resultaron gañadores Iria Martínez, pola foto do cartaz; pola foto do díptico Nerea Rodríguez Lomba; e o premio do público foi parara a Sergio Sueiro.
Os premiados recibiron un lote no que había entradas de balde ao Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e de Santiago, Museo da Catedral, Museo Fundación Eugenio Granell, Museo de Historia Natural e Museo Casa de la Troya, matrícula de balde nunha actividade do CGAC para o vindeiro ano académico (curso, seminario, taller de artista...), a publicación "O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX do MUPEGA, a novela "La casa de la Troya" do Museo Casa de la Troya, e unha unha selección de catálogo de fotografía do CGAC.
O xoves pola mañá no recreo: actuación por sorpresa de Cantigas e Agarimos, organizada por Galteo con motivo da celebración das Letras Galegas na EASD Mestre Mateo
Imaxe: Adrián Arcay, alumno do CS Fotografía
Máis imaxes no facebook EASD Mestre Mateo
Dende fai uns días acontecía un misterioso fenómeno nos baños da Mestre Mateo: agromaban versos nos espellos e ninguén sabía por que.
Hoxe revelamos que Galteo (Dinamización da Lingua na Mestre Mateo) estaba detrás desta acción que se suma á celebración do Día das Letras Galegas adicado a Manuel María. Podedes ver todas as imaxes aquí: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1121912627881450.1073741960.139268562812533&type=3
"A Fala". Manuel M
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
A nosa noraboa a Pablo Aneiros, alumno de primeiro de Deseño de Moda, que se fixo o pasado venres co 1º premio no Concurso de Xoves Deseñadores Ferrol Fashion Nigth 2016.