04/06/2016
IV Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco. Convocatoria aberta
Convocados pola Cidade da Cultura de Galicia co patrocinio de ABANCA e
Afundación, e a colaboración do IGAPE, o obxectivo deste concurso de
ideas e proxectos innovadores é dar apoio aos emprendedores e dinamizar
as industrias culturais de Galicia.
Os premios artéllanse en tres modalidades:
- Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet.
- Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica.
- Iniciativas na área da xestión cultural.
En cada unha das modalidades o premio será a incorporación gratuíta
durante doce meses ao Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura e un
premio en metálico de 2.000 euros.
Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán
presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa
formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia antes do 8 de
xullo.
Podedes atopar toda a información, incluídas as bases da convocatoria
e o formulario de inscripción, en:
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/iv-emprende-gaias-sixto-seco
(galego)
http://www.cidadedacultura.gal/es/evento/iv-emprende-gaias-sixto-seco
(castelán)