Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

27/12/2016






02/12/2016

Borja Menduiña Martínez, gañador do Segundo Concurso de IMAXE ARTÍSTICA para creación de obra impresa para agasallo a empresas 2016-2017

Borja Menduiña Martínez, gañador do Segundo Concurso de IMAXE ARTÍSTICA para creación de obra impresa para agasallo a empresas 2016-2017

Onte, o xurado do Segundo Concurso de IMAXE ARTÍSTICA para creación de obra impresa para agasallo a empresas 2016-2017; constituido por D. Santiago Riande, director da EASD Mestre Mateo, D. Andrés Etxeita, xefe do departamento de Fotografía, D. Adolfo Enríquez, fotógrafo profesional e gañador recentemente do premio Lux ORO 2016 a reportaxe temática e Dª. Irene Gago, xefa do departamento de Empresas; veñen de acordar que:

"A imaxe gañadora desta edición é a denominada: PROGRESIÓN, do autor Borja Menduiña Martínez, estudante de cuarto de deseño de produto"

Damos os parabéns ó gañador e a tódolos alumnos participantes polo apreciable incremento da calidade das imaxes presentadas e da innovación para coas mesmas. 
Dita diversidade permite o enriquecemento do concurso, xa que a imaxe premiada constitúese coma o elemento representativo das sinerxías do centro entre toda a oferta multidisciplinar e a cultura do deseño que a nosa Escola tenta transmitir. 
Animámosvos a participar en novas edicións!






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria