Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

19/12/2011

ESCULTURA | Muestra colectiva en el 'Pazo da Cultura' del Concello de Carballo

El próximo 22 de diciembre, a las 22:00 h. se inaugura en el Pazo da Cultura del Concello de Carballo la muestra colectiva CALEIDOSCOPIO, de alumnos del Ciclo Superior de Escultura de la EASD Mestre Mateo. La muestra se podrá visitar hasta el 25 de enero de 2012.

Artistas Participantes:

- Beatriz Suárez Saá
- Chiña Costa Valiño
- Dai dos Santos
- Francisco Porto Paredes
- Hadrián Rei Garcia
- Jesús Perez Paz
- Manuel López Vázquez
- Óscar Bonigno Santa Cruz

 

O caleidoscopio foi inventado no século XIX e difundido por todo o mundo pola súa capacidade de transformar unha imaxe - a través dun xogo de espellos - en infinitas outras, sendo totalmente diferentes entre si.
Marabillado co invento o fabulista A. Izmailov así o definía en 1818:

“Miro, e, que ven os meus ollos?
En distintas figuras e estrelas,
Zafiras, rubís, topacios.
E esmeraldas, e diamantes,
E ametistas, e pérolas,
E nácara, e todo, de súpeto!
E no instante no que movo a man
Algo novo os meus ollos ven.”

Desta maneira preséntase a exposición Caleidoscopio, na cal os alumnos do Ciclo Superior de Escultura da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo propoñen miradas variadas ao material escultórico, sexa a pedra, a madeira, o metal, o barro, o xeso, o poliespan … e o resultado desta mirada caleidoscópica é unha variedade de obras que, aínda que partindo dos mesmos materiais e coas mesmas orientacións docentes, ofrécenos interpretacións volumétricas totalmente distintas entre si.
Seica pedra transfórmase nunha mazá, nun baile de sedución, nunha Eva, nun suspiro, nunha pelvis, nun eclipse. Seica madeira transmútase nunha figura feminina, noutra masculina ou nalgunha figura misteriosa. Seica o metal dóbrase nunha voltereta, nunha cárcere, nas curvas dun corpo, nun intestino ou nun barco atrapado nas rochas… E sobretodo seica realidade pasa pola visión de cada artista, espellada na habilidade en expresar en volúmenes as súas vivencias, os seus desexos, os seus medos...

Dai dos Santos

ver video de la exposición






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria