Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

06/04/2016

FOTOGRAFÍA| VISITA Á EXPOSICÓN ENTRE NÓS CON GABRIEL TIZON. MUSEO DO POBO GALEGO

FOTOGRAFÍA| VISITA Á EXPOSICÓN ENTRE NÓS CON GABRIEL TIZON. MUSEO DO POBO GALEGO

Alumnado do CS de Fotografía da EASD Mestre Mateo visitou esta semana a mostra Entre Nós de Gabriel Tizón onde se amosan instantáneas que Gabriel Tizón capturou coa súa cámara durante dúas décadas percorrendo Galicia.

A un pasiño da Escola, o Museo do Pobo Galego brindounos a oportunidade de visitar a mostra e de poder charlas co autor sobre a súa visión (e paixón) polo oficio de fotógrafo/a e de como se desenvolveu a súa carreira profesional.

Fotografiar todo aquelo que te sorprenda. Detrás da cámara sempre hai unha persoa. Mostrar pouco para dicir moito. A fotografía é unha linguaxe universal que fala sen necesidade de tradutores en calquera parte do mundo. A súa visión particular (e ben poética) do que é un selfie. Non deixar de mirar e de sorprenderse.

Estas e moitísimas opinións máis sobre o oficio da fotografía e sobre a vida, sen dúbida deixarán pegada na forma de facer do noso alumnado (polo que ollamos nas súas caras)

Agradecemos a dedicación de amabilidade de Gabriel Tizón por propiciar este encontro arredor da súa exposición e o Museo do Pobo Galego pola organización.

Imaxe: Adrián Arcay, alumno do CS Fotografía.






04/04/2016

SINERXÍAS MM: CLASE DE MATERIAIS TÉXTILES, para alumnado de Deseño de Produto e Arquitectura Efémera

SINERXÍAS MM: CLASE DE MATERIAIS TÉXTILES, para alumnado de Deseño de Produto e Arquitectura Efémera

Un curso máis aproveitamos as sinerxías que se producen na Escola para organizar unha clase sobre materiais téxtiles para o alumnado de Deseño de Produto e de Arquitectura Efémera.

Marisol Fernández, profesora de materiais nas Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda, cambiará de alumnado o martes para dar unha clase sobre materiais téxtiles, que tamén teñen aplicación nos proxectos do alumnado de efémera e de deseño de produto.

A charla está enfocada a estas dúas especialidades pero está aberta a todxs os que queran asistir ata compretar o aforo.

O martes, 5 de abril ás 12:20 no Salón de Actos da Escola






02/04/2016

CONFERENCIAS MM | ASPECTOS LEGAIS DA FOTOGRAFÍA, con JOSÉ NOGUEIRA DE SISTEMIUS

CONFERENCIAS MM | ASPECTOS LEGAIS DA FOTOGRAFÍA, con JOSÉ NOGUEIRA DE SISTEMIUS

Este xoves contamos coa presencia na Mestre Mateo de José Nogueira, avogado de Sistemius para falar sobre Aspectos Legais da Fotografía.

Durante a súa charla, José Nogueira falou sobre o marco de  referenza legal sobre a imaxe fortográfica: diferencia entre obra fotográfica e mera fotografía, os dereitos sobre a fotografía: os “inalienabeis” dereitos morais de autoría, e os de explotación,  e os dereitos da persoa fotografada (“de imaxe”). 

Plantexóu unha serie de “erros” habituáis na difusión das imaxes nas redes sociáis: como ignorar que estamos cedendo certos deritos  ao subilas fotos ao facebook e outras redes, e non podemos subir imaxes de persoas ao noso blogue ou rede sen o seu consentimento, e deu lugar a un debate moi participativo sobre as cuestións que máis afectan e preocupan ao alumnado de fotografía.






mes anterior mes seguinte
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria