Durante o 15 e o 16 de febrerio o alumnado do CS Arquitectura Efémera ten a oportunidade de participar nun obradoiro de cestería coa cesteira Idoia Cuesta.
Idoia volta á Mestre Mateo, desta vez para impartir un obradoiro dirixido ao alumnado de Arquitectura Efémera. Dous días para investigar e promover a aplicación das técnicas de cestería en diferentes ámbitos, como o deseño de interiores, a arquitectura, o mobiliario urbán, paisaxismo, etc,,,,neste caso concreto preténdese dar unha amplia visión de como se pode traballar na creación de diferentes estruturas modulares para a súa utilización tanto en ambentes exteriores como interiores.
O alumnado deseñará e prototipará as mencionadas estruturas aplicando na práctica a técnica de tecido ó azar, a técnica de entramado en damero e entrelazados propios da cestería.
Unha de las técnicas que se propoñen, en concreto a técnica coñecida como tecido ó azar ou técnica niño, está inspirada en como os paxaros tecen naturalmenteo os seus niños na natureza. Esta técnica de gran versatilidade, estase a empregar en toda Europa para crear esculturas e para intervencións en parques, xardíns e obras públicas, posto que permite adaptarse a todo tipo de volumes e estruturas.
Nuns días poderemos ver os resultados
Imaxe:@CIDEAcoruna