Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Información Acceso]

Preguntas Frecuentes Ciclos

Que é unha EASD?

Unha EASD é unha Escola de Artes e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:

  • EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
  • EASD Pablo Picasso, en A Coruña
  • EASD Ramón Falcón, en Lugo.
  • EASD Antonio Failde, en Ourense.

Que se pode estudar nunha EASD?

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:

  • Ciclos Formativos de Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos). Ademais, a Oferta Modular dá a `posibilidade de cursar módulos soltos dalgún ciclo formativo.
  • Ensinanzas Superiores en Deseño, equivalentes a todos os efectos aos títulos universitarios de Grao. (4 cursos)

Que Especialidades de Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño se poden estudar na EASD Mestre Mateo?
Na EASD Mestre Mateo podes matricularte nos seguintes Ciclos Superiores:

  • Técnicas Escultóricas
  • Xoiaría Artística
  • Fotografía
  • Oferta modular: Taller de dourado e prateado

SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÓS CICLOS SUPERIORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Podo inscribirme na EASD Mestre Mateo se non teño Selectividade (ABAU)?
Sí. Para o acceso aos Ciclos Superiores non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade (ABAU), xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.

Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero o vou a aprobar na convocatoria de extraordinaria, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?

Si, ao facer a solicitude de inscrición marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato” . IMPORTANTE: o alumnado pendente de aprobar o Bacharleato en setembro so terá acceso no caso de que non se completen as prazas ofertadas na convocatoria de xuño.

Se non teño o título de Bacharelato nin o vou ter, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?
Si, se tes máis de 19 anos ou os cumpres neste ano.  Tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza 

Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver a facela?
 Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre, terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar. 

Se teño aprobada a proba específica de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas específicas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que repetila.

Onde teño que facer a inscrición?
A inscrición farase na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Fotografía, Escultura ou Xoiaría, ou o módulo de Taller de Dourado e prateado, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría da EASD Mestre Mateo no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso. Nota: en xuño de 2020 recomendamos facer a inscrición por vía telemática. Tamén se poderá facer presencialmente na Secretaría da escola, previa solicitude de cita previa. De facelo presencialmente con cita previa, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa seguinte documentación 

Podo facer a inscrición por internet? 
A partir do 22 de xuño de 2020 pódese facer a inscrición telemática,  na web da EASD Mestre Mateo a través do enlace que se habilitará o día 22 de xuño, ou na secretaría da Escola previa solicitude de cita previa. Se cubres a solicitude de inscrición por internet: unha vez cuberto na aplicación web enviarase toda documentación ao correo matricula@easd.es (no caso de acadar praza teranse que presentar os orixinais no prazo de matrícula).

Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición ademais da solicitude?
Consultar no apartado documentación 

Qué título fai falta para poder optar ao acceso directo nun Ciclo Superior?

Podes ter acceso directo cos seguintes títulos:

  • Título de bacharelato artístico
  • Título de bacharelato e acreditar experiencia laboral de polo menos un ano nas competencias do ciclo.
  • Técnico superior en artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada, ou equivalente.
  • Título Superior de Deseño e Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  • Arquitectura ou Licenciatura en Belas Artes ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.

Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 50% das prazas para os que optan polo acceso directo. 

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.

Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? Caso en que o aspirante estea pendente da avaliación do proxecto final para a obtención do título.
Si, aínda que dependería do cálculo da nota final do expediente e de que quedaran prazas libres.

Se non teño decidida a especialidade, podo facer as probas e logo escoller?

Non, as probas de acceso específicas son diferentes en función da especialidade que se quera cursar.

Onde van a ser as probas de acceso?
As probas específicas de acceso levaranse a cabo na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)

Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?

Non, pero podes consultar os modelos de probas de cursos anteriores 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24431

Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?

Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido nas instrucións para o acceso e admisión.

Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?
Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria