Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

20/03/2017

DESEÑO MODA| VISITA DIDÁCTICA A PORTUGAL

DESEÑO MODA| VISITA DIDÁCTICA A PORTUGAL

O alumnado de 1º, 2º e 3º de Deseño de Moda participa hoxe e mañá nunha visita didáctica a Portugal para coñecer máis de preto o sector téxtil no país veciño.

Logo de estar esta mañá na Escola de Engenharia Universidade do Minho - Guimarães, (Enxeñería téxtil) visitará esta tarde o Museo da Industria Textil de Vila Nova de Famalicão, para a continuación achegarse até CITEVE, na mesma localidade, e finalizar a xornada en Shima Seiki, en Vila Nova de Gaia.
Mañá completarán a visita achegándose a Kyaia e Grupo Lasa, ambas en Guimarães.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria