Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Taller de Xoiaría]

Acceso

O sistema de acceso é exactamente igual que para un Ciclo Formativo de Grao Medio de Ensinanzas Artísticas Profesionais.

Modalidades de acceso

 

Acceso directo
  • Técnico ou técnico superior en artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada, ou equivalente.
  • Título de bacharelato en artes
  • Título Superior de Deseño
  • Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  • Licenciatura en Belas Artes
  • Arquitectura
  • Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
  • Título de ESO e acreditar experiencia laboral de polo menos un ano nas competencias do ciclo
50% das prazas
Acceso mediante proba específica
  • Título de Graduado na ESO ou equivalente
30% das prazas
Acceso mediante proba de madureza e proba específica
Os aspirantes que cumpra 17 anos no ano de realización da proba, sen titulación de acceso
20% das prazas
As prazas non cubertas en calquera destas modalidades de acceso pasarán ás outras.
 
Probas de acceso.

 

1º. PROBA DE MADUREZA (os alumnos que estando obrigados a facela a superen, realizarán posteriormente a proba específica)
A proba de acceso constará de dúas partes:
 
1. Parte xeral: materias comúns da ESO.
O alumno desenvolverá as cuestións que se formulen a partir dun texto escrito sobre as seguintes materias: lingua galega, lingua castelá, contidos socioculturais, contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía).
Nestos exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da ESO. Seleccionaranse tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.
Tempo máximo do exercicio: 3 horas.
 
2. Realización dun exercicio compositivo de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo exento e inanimado.
 
Tempo máximo do exercicio: 3 horas.
 
2º. PROBA ESPECÍFICA
 
a) Primeiro exercicio: proba escrita.
Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.
 
b) Segundo exercicio: realización.
Realización, durante un máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización.
 
c) Terceiro exercicio: execución.
Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo a que o alumno aspira a acceder.
Exemplos das probas de acceso:
http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=f7a5a75c-453211a0-00006d98-849c4289&recursoID=195a8f6c-0ab4f107-05a789a8-f4b60cc5&lleng=gl
 
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria