Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[]

Campo Profesional

Dende o taller artesanal ás empresas que utilizan as últimas técnicas de producción de xoias, o técnico superior en xoiaría artística ten diante de si un dos sectores máis dinámicos da nosa Comunidade, e que demanda man de obra altamente cualificada.

A capacitación profesional dun técnico superior en xoiaría artística inclúe non só o traballo proxectual de concepción e deseño da peza; inclúe o dominio das técnicas tradicionais: calados, cicelado, soldadura, gravado ou técnicas de fundición á cera perdida.

Pero en pleno século XXI o técnico en xoiaría debe ser un profesional capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, aos novos materiais e últimas correntes en deseño.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria